TON RISCO / JACOBO DE MIGUEL DUO

 ESPAÑOL

 ENGLISH

 GALEGO

 

 

TON RISCO VIBRÁFONO e PERCUSIÓN

JACOBO DE MIGUEL PIANO

 

© Santiago Díaz

Ton risco cd escaneado038

 

 

           

 

 

 

 

 

 

TON RISCO / JACOBO DE MIGUEL DUO

O proxecto nace no 2006 e gravan o seu primeiro traballo, titulado “Dúo”, en 2007. Desde ese momento, comezan unha andadura polos principais festivais de jazz da zona noroeste, coma o Iberojazz, Festival de Jazz 1906, Imaxinasons, Festival de Jazz de Tolivia (Asturias) ou o festival Arte en la Calle de Gijón.

Cun repertorio integramente orixinal, os concertos teñen a intimidade dun dúo tinguido ca singular sonoridade da mestura de vibráfono e piano. Pódese dicir que é a exploración da música de cámara jazzística, nunha formación tanto sinxela como particular, que sorprende pola ampla gama de matices que acada nos directos.