Bio

 

          ESPAÑOL

          ENGLISH

          GALEGO

 

DSC_8003-20120927TON RISCO (Ourense, 1979)

Aínda que leva anos centrado no vibráfono,Ton Risco sempre foi batería e percusionista.

Dando os seus primeiros pasos ós cinco anos de idade da man de Fernando Risco, fórmase posteriormente en percusión clásica e batería en distintos conservatorios da Galiza e mestres como Marcos Vázquez, Federico Elías, Ángel Celada ou Pedro López.

En 1999 trasládase a Holanda para estudar no Real Conservatorio da Haia (Holanda), onde se licencia en percusión clásica e vibráfono jazz, coas máis altas calificacións e mención especial, nos anos 2004 e 2006, respectivamente. Alí estudia co vibrafonista Frits Landesbergen, co percusionista senegalés Ali N’Diaye Rose, e con percusionistas de música contemporánea como Wim Vos, traballando directamente con compositores e directores coma Steve Reich, György Kurtág ou Reinbert de Leeuw.

En 2013 recibe clases do vibrafonista Joe Locke en Nova Iorque, así coma de Dave Samuels e Tony Micelli na Delaware University (New Yersey), ou de David Friedman, en Berlín.

Formado en música clásica e jazz, o seu carácter ecléctico o leva a colaborar cunha grande variedade de artistas entre os que destacan a Metropole Orkest (Amsterdam), Vince Mendoza, Kenny Werner, Asko Ensemble (Amsterdam), Paul Hillier and Theatre of Voices, Orquestra de Jazz de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Cristina Pato, X. Manuel Budiño, Nova Galega de Danza, Cornelius, Roberto Somoza, Paco Charlín, Víctor Prieto Trío, LAR Legido, Marcos Pin Factor E-Reset, Jacobo de Miguel, entre outros.

Participa en festivais coma Zeltsman Marimba Festival (Wisconsin, USA), Holland Festival, Steve Reich Festival ou Tai Pei International Percussion Convention (TIPC) en Taiwán.

Nos últimos anos, centra a súa actividade na música improvisada, como vibrafonista e batería, en numerosas formacións, compaxinando a súa faceta de músico freelance ca docencia, como profesor de percusión no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela.